Neste concurso poden participar mozos e mozas de 12 a 35 anos, sempre que as obras estean escritas en galego, sexan orixinais e inéditas e non foran premiadas con anterioridade en ningún outro certame. Haberá 3 categorías: a) mozos e mozas de 12 a 15 anos; b) mozos e mozas de 16 a 20 anos e c) mozos e mozas de 21 a 35.