Turismo

Bendoiro

Bendoiro

Tivo un destacado lugar nas comunicacións da Galicia Central, xa que aquí confluían os camiños reais de Ourense a Santiago e a súa desviación cara A Coruña. Conserva pegadas do pasado, como un castro, no que a tradición sitúa unha cova da moura. A igrexa parroquial, de estilo renacentista sobre a antiga estructura románica, garda a capela sepulcral dos Taboada; un cruceiro, catro capelas e dúas casas fidalgas forman parte do patrimonio de Bendoiro.

Fonte: A Comarca do Deza. Armando Vázquez Crespo e Daniel González Alén

Festividade:San Miguel
Poboación: 314 habitantes
Extensión: 5,8 quilómetros cadrados
Densidade de pob.: 54,14
Altitude máx.: 454 metros
Código postal: 36512
Distancia a Lalín: 5 quilómetros
Lugares: Bendoiro, Campo, Castro, Empedrada, Igrexa, Laxe, Pedrouzos, Vilaoa, Vilar do Río e Xubín .

Diseñado por DreamsFactory