Cocido accesible

O Mes do Cocido de Lalín é unha iniciativa municipal que ten como principal finalidade potenciar o sector da hostalería local mediante unha campaña de márketing específica, que se desenvolve dende hai anos entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro, facendo bo o lema “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”

O obxectivo deste XII Mes do Cocido é que os colectivos, grupos de amigos ou familias se acheguen a Lalín a celebrar os seus encontros, compartindo con calma, un cocido preparado coas mellores viandas. Coa iniciativa do Cocido accesible, procuramos que o Cocido de Lalín se achegue a toda a poboación, sobre todo aqueles que presenten algún tipo de limitación na autonomía persoal. Dende a Concellería de Turismo e Novas Tecnoloxías, xunto coa Concellería de Benestar e Emigración vaise a por en marcha o “ I Cocido Accesible” .

O Cocido Accesible, nace como unha alternativa máis proposta por parte do Concello de Lalín para fomentar e promocionar a autonomía persoal. O resultado que se propón e a continuación do proxecto en vindeiras edicións, o cocido accesible nace como unha ferramenta que serva para universalizar o Cocido de Lalín para todas aquelas persoas que promocionen un modelo de vida independente baseado en recibir os apoios persoais necesarios e modificación do contorno coa finalidade de facilitar o acceso e a non discriminación da festividade.

Debido a demanda e o interese do noso “particular Xacobeo”, o Concello ampliará as prazas para que poidan participar diferentes asociacións, federacións etc para persoas que polo seu estado de carácter permanente no que se atopan, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención ou de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de apoios para a súa autonomía persoal. 


Para esta primeira edición contaremos cun total de 75 persoas usuarias provintes de ASPADEZA, NOSA SEÑORA DAS DORES, COGAMI  e GERIATROS.

PROGRAMA DO COCIDO: GALA DO COCIDO

DATA

10/02/2012


VENRES 10/02/2012

20:30 h. CHEGADA AO LALIN AREA.

22:00h Comezo da Gran Gala Gastronómica de Galicia.

Participa: ASPADEZA


PROGRAMA DO COCIDO: O DIA DO COCIDO

DATA

12/02/2012

10:00 CHEGADA A CASA CONSITORIAL, do colectivo de persoas usuarias e sociais da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

ACTOS PROGRAMADOS

10:45h. Encomenda

12:00h. Pausa para café.

13:00h . Desfile de Carrozas, Charangas e Comparsas.

14:15h. Comida en restaurante “A Dilixencia”. Prezo do menú 20€/persoa

16:00h - 18:00h Actividades e ruta programadas: Exposicións de Lalín Pork Art., parada en KM 0, visita guiada a Feira do Cocido, en caso de choiva o Concello de Lalín, alternará as visitas con exposicións no Museo Ramón Aller e no Castro Tecnolóxico e outras zonas de interese turístico de Lalín.

18:00h SAÍDA

Participan: NOSA SEÑORA DAS DORES, COGAMI  e GERIATROS.

ver plano lalin

Diseñado por DreamsFactory