Portada
Deberá incorporar Flash Player ao ser ordenador
Matanza Tradicional 2010

A Matanza Tradicional do Porco é un dos aspectos da Feira do Cocido que garda con maior naturalidade o espírito festivo desta tarefa na Comarca de Deza. Esta actividade, que cada ano é organizada nunha parroquia diferente coa participación dos seus veciños, contará nesta ocasión coa participación activa dos veciños da parroquia de A Xesta e está programada para o domingo 31 de xaneiro na Casa de Don Antonio (xunto o Campo da Festa), a partires das 11.00 horas.

Plantexada como a recuperación etnográfica desta actividade, a Matanza Tradicional acompáñase dunha degustación dos productos típicos desta época do ano. Ademais, ao longo da mañá tódolos visitantes poden achegarse aos hábitos de matanza que se empregaban ata non hai moitos anos nas casas rurais da bisbarra, comezando polo chamusco do porco e acabando polo despece. A pesares da pervivencia da tradición, a organización garante o respecto ás normas de sacrificio establecidas pola Unión Europea.

 
Matanza tradicional do porco