Portada
Deberá incorporar Flash Player ao ser ordenador
XI edición do Mes do Cocido (2009)
Restaurantes participantes
NOME DIRECCIÓN TELÉFONO
CASA BAR CURRÁS Praza da Iglesia, 2 986 781251
CASA BAR POLO Pintor Laxeiro, 4 986 780261
CASA MANOLO Empalme, 3 (Filgueira) 986 780382
CASA MOURIÑO Matemático Rodríguez., 1 986 780073
CASA PABLO A Goleta, 39 (Camposancos) 986 682838
CASA SUSO Carragoso, 33 986 780749
HOSTAL CÑO. DE SANTIAGO Bergazos, 21 (Donsión) 986 794078
HOSTAL LAS PALMERAS Arenal, 8 986 780222
MESÓN O CRUCE Estrada s/n (Vilatuxe) 986 782428
MESÓN OS ARCOS W. Calvo Garra, 3 986 780899
PARRILLADA MODESTO Observatorio, 12 986 781464
PARRILLADA VILLANUEVA Corredoira, 84 986 780344
PAZO DE BENDOIRO (Bendoiro - Prado) 986 794289
PULPERÍA ROQUE Matemático Rodríguez, 9 986 781027
RESTAURANTE LA ESTACIÓN Botos, 48 (Botos) 986 780455
RESTAURANTE A MARMITA Polígono de Botos, Parcela nº 11 696 872 302
RESTAURANTE AGARIMO Empalme, 2 (Donramiro) 986 780902
RESTAURANTE AS VILAS Arenal, 4 986 780140
RESTAURANTE CABANAS Pintor Laxeiro, 3 986 782317
RESTAURANTE FOGAR DE BREOGÁN Santiso, Seixo nº 1 986 794389
RESTAURANTE LA DILIGENCIA Avda. Estación, 8 986 784080
RESTAURANTE LA MOLINERA Molinera, 3 986 781172
RESTAURANTE LA ROBLEDA Vilatuxe, 36 (Vilatuxe) 986 783679
RESTAURANTE Mª JOSÉ A Laxe (Bendoiro) 986 794007
RESTAURANTE MARMITAJO Alcalde Ferreiro, 11 986 782194
RESTAURANTE PONTIÑAS Rúa da Ponte, 82 986 787147
RESTAURANTE VENECIA B, 71 986 784900
RESTAURANTE PARRILLADA TABOADA Arenal, 37 986 780068
 

 

En Lalín ofrecemos a posibilidade de degustar un cocido moi especial.

Só ten que reservar nun destes restaurantes e
achegarse a disfrutar das riquezas da nosa terra.

 


O Mes do Cocido de Lalín é unha iniciativa municipal que ten como principal finalidade potenciar o sector da hostalería local mediante unha campaña de márketing específica, que se desenvolve dende hai anos entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro, facendo bo o lema “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”.

A Concellería de Comercio difunde o nome, a dirección e o teléfono dos 28 restaurantes lalinenses que colaboran neste X Mes do Cocido para que calquera persoa ou colectivo que desexe acudir a Lalín a comer cocido entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro teña cumprida información sobre a totalidade dos establecementos nos que pode facer a súa reserva.

O feito de que nesta iniciativa se implicaran este ano un total de 28 restaurantes eleva ata másis de 3.700 prazas o aforo diario que ofertan todos estes establecementos, ofrecendo ao mesmo tempo un amplo abano de posibilidades en canto a modalidades de preparación do cocido e tamén no referente aos prezos -poden oscilar entre os 15 e os 45 euros, dependendo de variables como a categoría do establecemento, os viños servidos ou os postres-.

O obxectivo deste XI Mes do Cocido é que colectivos, grupos de amigos ou familias se acheguen a Lalín a celebrar os seus encontros, compartindo con calma un cocido preparado coas mellores viandas. Dende a Concellería de Comercio agárdase que esta campaña sirva como revulsivo do sector da hostalería e da restauración na tradicional costa de xaneiro, garantindo a presenza de milleiros de persoas en Lalín para comer, mercar nos comercios locais ou simplemente pasear.