Ir á portada

SAÚDO


SAÚDO DO ALCALDE

Coa chegada dos últimos coletazos do verán e o inicio da caída das primeiras follas das árbores polo outono, dan comezo un ano máis as festas patronais de Lalín na honra da Virxe das Dores. O traballo realizado ao longo de todo un ano pola Comisión de Festas, co respaldo permanente do Concello de Lalín, deu como resultado un intenso programa con actividades para todos os gustos que se desenvolverá desde o día 21 ata o 25 de setembro en distintos puntos do casco urbán.

Aínda que as actividades darán comezo o domingo 16 coa celebración dunha nova carreira pedestre popular polas rúas do noso concello, o inicio das festas será o venres 21 de setembro co tradicional lanzamento do chupinazo desde o balcón da Casa do Concello.

A partir deste momento, actuacións musicais, actividades deportivas, as mellores orquestras galegas, as nosas Bandas de Música, diversos espectáculos dirixidos aos máis pequenos, actos relixiosos ou a tradicional tirada de fogos artificiais animarán a nosa vila durante cinco días para goce tanto de veciños como de todos aqueles que nos visiten.

O grupo Pignoise, a cantante Soraya e a Sociedade Filarmónica de Gualdim Pais en Portugal serán os grandes atractivos das nosas festas este ano, aínda que non podemos descuidar a presenza de grandes orquestras como Panorama, Sintonía de Vigo, Costa Oeste, Casablanca, Gran Parada, La Oca ou Nova Imperial, entre outras. O apartado musical complétase coa participación das catro bandas de música de Lalín e outras agrupacións de gaiteiros, charangas e culturais do noso municipio.

Tamén quixera destacar o amplio programa de actos cos que poderán gozar estes días os máis novos, que van desde a presenza do espectáculo Circonchita de Madrid, á animación de Viravolta ou o circo Culipardo de Guadalaxara. Estou seguro que estas actividades conseguirán integrar aos pequenos nas festas e facelos partícipes das mesmas para a súa satisfacción e a dos organizadores.

Por último, quixera felicitar aos membros da Comisión de Festas polo amplio programa de actividades que prepararon este ano para honrar á Virxe das Dores e agradecer o seu traballo, que moitas veces non é o suficientemente recoñecido.

Felices festas a tod@s.


Xosé Crespo Iglesias
Alcalde de Lalín


PROGRAMA 2007
Domingo 16
11:30
VII Carreira Pedestre Popular "Virxe das Dores" (Saída do Quilómetro Cero).
venres 21
21:00
Lanzamento do chupinazo e buqué de 7 bombas de palenque
22:30
Verbena (Praza da Igrexa)
ORQUESTRA CASABLANCA
23:30
Concerto no Campo da Feira Vello
PIGNOISE (Entrada gratuíta)


sÁBADO 22
10:00
Disparo de bombas
10:30
Pasarrúas
Charanga Los Bercianos de León
Charanga Roxedoiro de Palmou
12:00
Concerto na Praza da Vila
Banda xuvenil de Lalín
16:30
II Enduro Indoor Concello de Lalín ( A carón do Auditorio ao Aire Libre)
 
18:00 Festival infantil
  CIRCONCHITA de Madrid (Rúa Xoaquín Loriga)
18:00
Fútbol (Partido da 3ª División Nacional no Estadio Manuel Anxo Cortizo)
C.D. Lalín – Villalonga C.F.
19:00
Pasarrúas
Charanga los Bercianos
  Charanga Roxedoiro
21:00
Concerto na Praza da Vila
Sociedade filarmónica de Gualdim Pais, de Tomar-Lisboa (Portugal)
22:00
Verbena coas orquestras
Grupo Oca (Praza da Igrexa)
Nova Imperial (Avda. Luís González Taboada)
23:00
Concertos no Campo de Feira Vello
O Linho do Cuco (Entrada gratuíta)
96 Grados (Entrada gratuíta)


DOMINGO 23
10:00
Disparo de Bombas
10:30
Pasarrúas
Banda de Música de Lalín
  Sociedade Filarmónica de Gualdim Pais
Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas
Asociación A Carballeira de Cercio
11:00
Concerto na Praza da Vila
Sociedade Filarmónica de Gualdim Pais
11:00
Animación de calle. Xigantes e Cabezudos
Viravolta de Lalín
12:00 Misa Solemne. Tradicional Ofrenda á Virxe das Dores a cargo do alcalde de Lalín, Xosé Crespo. (Acompañamento da Coral Polifónica de Trasdeza)
 
13:00
Procesión da Virxe das Dores e disparo de bombas.
13:30
Concerto na Praza da Vila
Banda de música de Lalín
18:·00
Pasarrúas
Viravolta (xogos, concursos e animación de rúa)
Bailes rexionais na Praza da Igrexa a cargo da Asocicación A Carballeira de Cercio
21:00
Concerto na Praza da Vila
Banda de música de Lalín
22:00
Verbena coas orquestras
Orquestra Gran Parada (Praza da Igrexa)
Grupo Tequila (Campo da Feira Vello)
24:00
Espectáculo de fogo fixo e voador, a cargo de Pirotecnia Penide (na zona da rolda leste).


LUNS 24
11:00
Disparo de Bombas
11:30
Pasarrúas

Nova Banda de Vilatuxe

  Gaiteiros "Os Trasnos" de Doade
12:00
Concerto na Praza da Vila
Nova Banda de Vilatuxe
17:00
Festival infantil na rúa Principal
Espectáculos dos paiasos
21:00
Concerto na Praza da Vila
Nova Banda de Vilatuxe
22:00
Verbena coa orquestra
Orquestra Sintonía de Vigo (Rúa Matemático Rodríguez)
Jóker (Praza da Igrexa)
23:00
Concerto na Praza da Igrexa
Banda de Nash
23:00
Concerto no Campo da Feira Vello
SORAYA (Entrada Gratuíta)


MARTES 25
10:00
Pasarrúas
Banda de Música de Muimenta
Agrupación Ai Lola
Gaiteiros "Os Xuncos"
12:00
Concerto na Praza da Vila
Banda de Música de Muimenta
18:00
Festival infantil
Circo Culipardo de Guadalaxara ( na rúa Joaquín Loriga)
21:00
Concerto na Praza da Vila
Banda Popular de Muimenta
22:00
Verbena coas orquestras
Panorama (Praza da Igrexa)
Costa Oeste (Matemático Rodríguez)