SAÚDO
SAÚDO DO ALCALDE
Cando se achega o ocaso do verán para xa dar paso á estación outonal, comezan as festas patronais de Lalín na honra da Virxe das Dores. É tempo de que lalinenses e visitantes gocen do intenso e variado programa de actividades que se desenvolverá entre os días 19 e 23 de setembro en diferentes emprazamentos da nosa acrópole urbana. Será tamén a hora de que saia a relucir o traballo realizado ao longo de todo un ano pola comisión de festas, co respaldo permanente do Concello de Lalín.
O inicio das festas marcarao o tradicional lanzamento do chupinazo. A partir deste momento sucederanse, ao longo de cinco días, actuacións musicais das mellores orquestras e bandas de música do panorama galego, actividades deportivas e culturais, espectáculos dirixidos aos máis cativos e actos relixiosos, que encherán de ledicia o noso pobo para disfrute dos veciños e dos que nos visiten neses días.
O grupo Dover, a Banda de Nash, El Combo Dominicano e o dúo Hevel & Rayel conforman os principais atractivos dos festexos deste ano, aínda que non podemos pasar por alto a presenza de grandes orquestras como Panorama, Sintonía de Vigo, Costa Oeste, Casablanca, Galilea ou Salsa Rosa, entre outras. O apartado musical abrangue tamén a participación das catro bandas de música de Lalín, máis a Banda Municipal de Ourense e a Banda de Música de Merza, así como doutras agrupacións de gaiteiros, charangas e formacións culturais diversas.
Dentro do amplo programa de actos para os máis novos non hai que descoidar a presenza de Viravolta ou Ghazafelhos ou o festival infantil O xou dos paiasos. Estou convencido de que estas actividades, do máis diversas, conseguirán integrar aos pequenos nas festas e facelos copartícipes das mesmas para a súa ledicia e a dos organizadores.
Quero, por último, facer extensiva a miña noraboa aos membros da comisión de festas pola dedicación de boa parte do seu tempo e polo esforzo para preparar estas festas en honra á Virxe das Dores, traballo que ás veces non é suficientemente recoñecido.
Felices festas a todos e todas.
José Crespo Iglesia
|
PROGRAMA 2008  |
|
| venres 19 |
|
21:00 |
Lanzamento do chupinazo e buqué de 8 bombas de palenque |
 |
Grupo de percusión "Perqart" |
 |
|
|
22:30 |
Verbena (Praza da Igrexa) |
|
|
ORQUESTRA CASABLANCA |
|
|
BANDA DE NASH |
| sÁBADO 20 |
|
10:00 |
Disparo de bombas |
 |
|
|
10:30 |
Pasarrúas |
|
|
Charanga Los Bercianos de León |
|
|
Gaiteiros Os Trasnos de Doade |
 |
|
|
12:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda de música de Merza |
 |
|
|
16:30 |
III Enduro Indoor Concello de Lalín ( A carón do Auditorio ao Aire Libre) |
| |
|
| 18:00 |
Festival infantil |
| |
O xou dos paiasos (Praza da Torre) |
 |
Mortadelo, Filemón, Pato Donald, os Simpsons... |
 |
|
|
18:30 |
Balonmán: Trofeo de Lalín |
|
|
Bm. Lalín - Puerto Cruz (Tenerife) |
 |
|
|
19:00 |
Pasarrúas |
|
|
Banda municipal de Ourense |
| |
Charanga los Bercianos |
| |
Charanga Lenda Mandeu |
 |
|
|
21:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda municipal de Ourense |
 |
|
|
22:00 |
Verbena coas orquestras |
|
|
El combo dominicano (Campo da feira vello) |
|
|
Gran orquestra HEVEL & RAVEL (Praza da Igrexa) |
| DOMINGO 21 |
|
10:00 |
Disparo de Bombas |
 |
|
|
10:30 |
Pasarrúas |
|
|
Banda de gaitas Os Dezas de Moneixas |
| |
Banda de música de Lalín |
|
|
Asociación cultural A Carballeira de Cercio |
 |
|
| 12:00 |
Misa Solemne coa |
|
|
Coral polifónica de San Xoan de Carbia |
| |
Tradicional Ofrenda á Virxe das Dores a cargo do alcalde de Lalín, Xosé Crespo. |
|
|
|
13:00 |
Procesión da Virxe das Dores e disparo de bombas. |
 |
|
|
13:30 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda de música de Lalín |
 |
|
|
18:·00 |
Festival infantil (Praza da Torre) |
|
|
Circo Alegro |
|
|
Baile rexional a cargo da Asocicación A Carballeira de Cercio |
 |
|
|
19:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda xuvenil de Lalín |
 |
|
|
21:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda de música de Lalín |
 |
|
|
22:00 |
Verbena coas orquestras |
|
|
Orquestra Galilea (Campo da feira vello) |
|
|
Salsa Rosa (Praza da Igrexa) |
 |
|
|
24:00 |
Espectáculo de fogo fixo e voador, a cargo de Pirotecnia Penide (na zona da rolda leste). |
| LUNS 22 |
|
11:00 |
Disparo de Bombas |
 |
|
|
11:30 |
Pasarrúas |
|
|
Nova Banda de Vilatuxe |
| |
Lenda Mandeu |
 |
|
|
12:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Nova Banda de Vilatuxe |
 |
|
|
17:00 |
Festival infantil na Praza da Torre |
|
|
Ghazafelhos |
 |
|
|
21:00 |
Verbena na Praza da Igrexa |
|
|
Costa Oeste |
 |
|
|
23:00 |
Concerto no Campo da feira vello |
|
|
DOVER |
| MARTES 23 |
|
11:00 |
Disparo de Bombas |
 |
|
|
11:30 |
Pasarrúas |
|
|
Banda de música de Muimenta |
| |
Gaiteiros Os Xuncos |
| |
Viravolta |
 |
|
|
12:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda de Música de Muimenta |
 |
|
|
18:00 |
Festival infantil |
|
|
Viravolta |
 |
|
|
19:00 |
Gaiteiros - Baile |
|
|
Grupo Ai Lola |
|
|
Gaiteiros Os Xuncos |
 |
|
|
21:00 |
Concerto na Praza da Vila |
|
|
Banda de música de Muimenta |
 |
|
|
22:00 |
Verbena coas orquestras |
|
|
Panorama (Campo da feira vello) |
|
|
Sintonia de Vigo (Praza da Igrexa) |
 |
|
|