|
Wenceslao
CALVO GARRA.
Nace en Lalín en 1921. Licenciouse en medicina na Universidade
de Valencia, onde traballou de profesor encargándose das prácticas
de Anatomía Patolóxica, e investigador no Instituto Ramón
y Cajal. Continuou estudios en Lisboa cunha bolsa de estudios do Consello
Superior de Investigacións Científicas, e logo pola Fundación
Rockefeller para o Instituto Neurolóxico de Montreal, en Canadá.
No ano 1950 obtivo en Madrid o Premio Ramón y Cajal de Investigación
por un traballo de neurofisioloxía que presentou co nome de Deza.
No ano 1952 dirixe a construcción do Palencefalógrafo
que permitía estudiar os tumores cerebrais mediante impulsos
eléctricos.
No ano 1965 trasladouse a Friburgo (Alemania) onde traballou na rexeneración
da medula ósea destruída por radiacións nucleares.
Posteriormente trasladase a Universidade de Ulm (Alemania), onde consigue
illar as células sanguíneo-formadoras (células
nai das células sanguíneas) as chamadas "células
Tronco".
En Ulm estudia os efectos da radiación atómica de Hiroshima
e Nagasaki, e viaxou a Rusia para estudiar os efectos da radiación
da central nuclear de Chernobil. Nesta liña investigadora estaba
no camiño de conseguir a fabricación do sangue artificial
para transfusións necesarias en caso de transplantes de órganos.
Faleceu na cidade alemana de Ulm o 25 de maio de 2003.
|