|

Relacións Interpersoais-Convivencia-Mediación-Afectividade
Hai que devolver aos procesos educativos, formais e informais, o espíritu da declaración dos dereitos humanos, a través da ensinanza e o aprendizaxe dos fundamentos da xustiza, da paz, da convivencia, da tolerancia, do respeto á diferencia, da convivencia e en consecuencia da igualdade.
A educación para convivir faise eco de todos os elementos curriculares da educación en valores e de todos os contidos que promoven uns niveis cognitivos, emocionais e éticos da educación conxugados no que se ten dado en chamar “educación integral”.
O reto da educación está nos procesos de revisión dunha cultura organizativa, da metodoloxía que potencie, nas cidadás e nos cidadáns, as capacidades para comprender e interpretar a realidade, para facer unha lectura crítica dos acontecementos mediante un diálogo constructivo. Así mesmo tamén deberá axudar a transformar as relacións das persoas coas novas sensibilidades interculturais, o medio ambiente e a igualdade.
A complexidade e variedade de factores que se apuntan como responsables do deterioro da convivencia, uns de carácter psicolóxico, outros de carácter social, outros propiamente educativos, formais, motivados ás veces por unha educación familiar inapropiada e outras por non estaren preparados para atender a tanta diversidade nas escolas, esixe intervenir cun enfoque holístico, en tódolos ámbitos. E ademais, se se aspira a atopar unha resposta educativa axeitada a estas situacións, faise necesario fuxir de explicacións simplistas e esquivas que, lonxe de solucionar o problema, contribúen a mantelo e agravalo.
Obxectivos do curso:
- Contribuír á formación dos distintos axentes sociais e educativos para favorecer a convivencia nos centros educativos e na sociedade en xeral.
- Coñecer e analizar distintos recursos e medios para afrontar a educación para a convivencia coa finalidade de educar para a mellora das relacións humanas e sociais.
- Facilitar o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.
- Constituír un foro de encontro e debate sobre convivencia e as formas de promocionala e desenvolvela.
- Desenvolver orientacións e estratexias comúns para poñer en práctica a educación na convivencia e o desenvolvemento de habilidades sociais interpersoais así como as destrezas para a mediación en situacións de conflito.
- Educar os sentimentos, a afectividade para poder transmitir o aprendido nas situacións sociais nas que se desenvolven tarefas educativas.
Estes obxectivos permitiránnos poder falar da necesidade de construír un sistema de normas e valores sociais adaptados ao tipo de cultura e sociedade actual; discutilos; dar solucións alternativas e diversas para a resolución dos conflictos; crear pautas de comportameno grupais e comunitarias, construídas polo grupo e para o grupo; consolidar o enriquecemento do pensamento crítico; a capacidade de empatía; ensinar a adoptar puntos de vista diferentes e estimular o razoamento moral así como a aceptación das normas pola súa necesidade e non pola sua obligatoriedade.
A proposta formativa busca axudar a desenvolver, nas persoas que participen nesta acción, o camiño da aprendizaxe das actitudes cooperativas e solidarias, de tolerancia, de respeto á diversidade e a igualdade, así como de rexeite aos comportamentos insolidarios, xenófobos, racistas e opresores, e as ideas acríticas e sectarias; desenvolver nas persoas responsables da socialización inicial da nosa sociedade, aquelas actitudes que se enmarcan nun continum entre respeto as demáis persoas e a liberdade persoal nun marco de igualdade e dotar as persoas asistentes de medios para axudar ás/aos adolescentes para que sexan máis competentes socialmente, é dicir, para que poidan relacionarse co medio de forma axeitada e para que saiban respostarr ás necesidades e aos problemas que se lles presenten de forma axeitada e responsable.
Ademáis de formar ás persoas responsables directas dos aprendizaxes da infancia e a adolescencia, pretendemos que este curso sexa un punto de encontro entre as institucións, as diversas ONGs e as persoas que traballan arreo pola defensa, no seu conxunto, dos dereitos humanos ou que teñen como referencia principal da súa acción calquera dos seus contidos, xa que somente mediante o acercamento e o conflicto de ideas diversas e concepcións plurais, atoparemos camiños para o cambio.
A formación en valores é unha revolución social, non rematada e permanente, e o compromiso coa mesma e algo que se debe renovar e acrecentar todos os días e entre todos os membros dunha comunidade.
PÚBLICO A QUEN VAI DIRIXIDO:
- Alumnado da universidade.
- Diplomadas/os, licenciadas/os, doutoras/es ou profesionais que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que queran ampliar os seus coñecementos previos, ou incorporar por primeira vez a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional ou no seu acervo de coñecementos.
- Profesionais e persoal técnico de institucións públicas e privadas: Comunidades Autónomas, Concellos, Administración do Estado.
- Persoal do ámbito do Ensino.
- Educadoras/es, Partidos políticos, Fundacións, Sindicatos, ONG´S, Asociacións sociais.
|
 |