01/09/2008
Este servizo que o Concello de Lalín presta desde comezos de xullo a través dun acordo coa cooperativa Xuncoga a un prezo de 33 euros/día permite aos gandeiros gozar duns días de descanso deixando o coidado da súa cabana animal en mans de profesionais
30/08/2008
O concelleiro de Medio Ambiente indica que "os datos demostran que este servizo gratuíto que presta o Concello de Lalín é cada vez máis coñecido e utilizado" e fai fincapé tamén en que "a cultura da reciclaxe está a aumentar"
25/08/2008
Destaca a boa acollida que está a ter iniciativa desenvolta polos Concellos de Lalín e de Rodeiro, como proba o feito de que cada vez son máis as persoas ou asociacións que pasan polas oficinas deste programa sitas nas instalacións das piscinas municipais
19/08/2008
O último Boletín Socioeconómico editado polo Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra "Carlos Velasco" resalta que o municipio lalinense se está a configurar como "foco de atracción de novos residentes debido á súa capacidade de xerar emprego"
13/08/2008
O Concello e o Centro de Transfusión organizan os días 13, 14 e 16 de agosto unha campaña de verán de doazóns de sangue. A unidade estará instalada na Praza da Igrexa de 10.30 a 14 e de 17 a 21 horas os dous primeiros díase de 10.30 a 15 horas o sábado.