Noticias

A OFICINA DE TURISMO DE LALÍN, Á QUE LLE VÉN DE SER RENOVADO O SELO DE CALIDADE SICTED, TEN DESDE MAÑÁ NOVO HORARIO E ABRIRÁ TAMÉN AS FINS DE SEMANA

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, tamén avanza que “imos comezar co reparto de distinto material promocional da Área de Santiago entre os aloxamentos e restaurantes lalinenses, un material que tamén estará á disposición dos visitantes na propia Oficina de Turismo” Ler máis

XXI Rali do Cocido

XXI Rali do Cocido Gran Premio Parrillada O Mordisco

O CENTRO DE XESTIÓN DO COÑECEMENTO ARQUEOLÓXICO DE LIÑARES ESTÁ XA TOTALMENTE EQUIPADO E LISTO PARA PODER COMEZAR A SÚA ACTIVIDADE COMO CENTRO DE TRABALLO REFERENTE NO ESTUDO DOS CASTROS

O alcalde de Lalín visitou in situ o equipamento realizado, en mobiliario, equipamento de laboratorio e material técnico, que quedou instalado nesta semana Ler máis

A XUNTA ESTABLECEU UN CONXUNTO DE MEDIDAS FISCAIS QUE PRACTICAMENTE ELIMINAN A TRIBUTACIÓN NAS TRANSMISIÓNS DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS E LEIRAS RÚSTICAS

As bonificacións e exencións fiscais das que se poden beneficiar as explotacións agrarias foron explicadas polo director xeral da Axencia Tributaria de Galicia, Ulpiano Villanueva, nunhas xornadas sobre a fiscalidade no medio rural galego celebradas no Concello de Lalín Así mesmo o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, incidiu nas melloras que en cuestións de tributos se propoñen na nova Lei de Mellora da estrutura territorial Agraria de Galicia (METAGA) Ler máis

INFORMAR SOBRE OS BENEFICIOS FISCAIS PARA O SECTOR AGRARIO, OBXECTO DUNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE “FISCALIDADE NO MEDIO RURAL GALEGO” QUE SE DESENVOLVERÁ EN LALÍN O VINDEIRO 12 DE MARZO, ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LALÍN EN COLABORACIÓN COA XUNTA

O encontro, enfocado preferentemente a gandeiros, cooperativas e asesorías agrarias, é aberto ao público e desenvolverase na Sala de Prensa do Concello a partir das 13 horas Intervirán o director da Axencia Tributaria de Galicia e o director xeral de Desenvolvemento Rural que manterán un coloquio aberto cos asistentes Ler máis

Ruta do Cocido de Lalín Btt 2015

Domingo 15 de Marzo de 2015 Ler máis

O PARQUE VIAL INFANTIL DO PONTIÑAS “ACOLLERÁ UNHA EXPERIENCIA PILOTO A NIVEL NACIONAL SOBRE A EFECTIVIDADE DA UTILIZACIÓN DESTAS INSTALACIÓNS FORMATIVAS NO COÑECEMENTO, APTITUDES E CONDUCTAS DOS ALUMNOS QUE ACUDEN AS SÚAS ACTIVIDADES FORMATIVAS”

O circuíto de Educación Vial situado ao pé do Pontiñas xa está homologado pola DGT e ten aprobado provisionalmente o seu regulamento de uso –foi aprobado no pleno do pasado mes de xaneiro-, pendente do visto bo defintivo da DGT e da publicación do texto regulador no BOP en breve período de tempo. Ler máis

MÁIS DE 400 USUARIOS DO LALÍN ARENA SE BENEFICIAN XA DO SERVIZO DE SAÚDE DA UNIDADE DE PROMOCIÓN DO EXERCICIO, UN SERVIZO ESTE O DA UPE-LALÍN ARENA QUE SE OFRECE DE XEITO GRATUÍTO AO ESTAR INCLUÍDO NA COTA DO ABONADO

O edil delegado de Deportes sinala que no Lalín Arena tamén está a funcionar desde hai un ano e dun xeito moi favorable unha unidade de Actividade Física de Saúde; constátase a súa utilidade xa que unha porcentaxe elevada das persoas usuarias do Lalín Arena o fan por cuestións de saúde Ler máis

O PRESIDENTE DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE CARDIOLOXÍA E COMENDADOR DO COCIDO, JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ JUANATEY, OFRECERÁ EN LALÍN UNHA CHARLA SOBRE OS “BENEFICIOS DA DIETA ATLÁNTICA”

A disertación, aberta ao público e con entrada libre, terá lugar o 23 de febreiro ás 20.30 horas no Museo Municipal Ramón María Aller Ler máis

ver plano lalin

Diseñado por DreamsFactory