| A Corredoira |
| Esta é a saída natural cara a Santiago. Ó longo da Corredoira xa se atopan naves comerciais, anticipo do Parque Empresarial Lalín 2000. |
| Barrio de Abaixo |
| A recente remodelación da canle do río Pontiñas convertiuno nunha das parases máis fermosas de Lalín. |
| Campo da Feira Novo |
| Emprazado na estrada de Circunvalación, acolle o gando tódolos días de feira, a celebración de Feiradeza e a Feira do Cabalo. |
| Campo da Feira Vello |
| Aínda se celebran nel as feiras dos días 3 e 18 de cada mes. A curto prazo acollerá un aparcamento soterrado baixo o seu solo. |
| Campo de tiro |
| Situado en Lalín de Arriba e xestionado pola Sociedade de Caza e Pesca, acolle competicións de tiro ó prato e tiro ó pombiño. |
![]() |
Unha perspectiva nada habitual da vila de Lalín, que sirve para constata-lo crecemento horizontal experimentado polo núcleo urbano nos últimos anos. “A vista de paxaro” ofrece en 47 imaxes unha visión panorámica da metamorfose de Lalín: o paso dun gran pobo a unha pequena cidade. |
||||||||||
| 47 imaxes dende o aire. | |||||||||||
| 10 páxinas de 5 fotos | |||||||||||
|