Punto de información catastral
O Concello de Lalín, en colaboración coa Dirección Xeral do Catastro, conta cun Punto de Información Catastral (PIC) nas dependencias da Oficina Agraria no que os veciños desta localidade poden obter certificacións e consultas sobre datos catastrais, tanto literais como alfanuméricas ou cartográficas.
Os servizos aos que se pode acceder desde este Punto de Información Catastral son os seguintes:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
En concreto, este Punto de Información Castastral de Lalín facilita a consulta libre dos datos protexidos sobre os bens inmobles incorporados á Base de Datos Nacional do Catastro.
Poderán solicitar esta información os titulares do ben inmoble co seu DNI ou os portadores de autorización escrita e copia do DNI do titular.