Saúdo do alcalde

SAÚDO DO ALCALDE

Co gallo da renovación dos contidos desta páxina web, xa convertida nunha fiestra dende onde se pode coñecer a fondo o Concello de Lalín, aproveito a ocasión para convidar a tódolos internautas a achegarse fisicamente ata o noso pobo para comprobar "in situ" que se trata dun municipio puxante, onde tradición e modernidade se conxugan en harmonía.
Dende o ánimo de entrar progresivamente na denominada "sociedade da información", no Concello de Lalín apostamos polas novas tecnoloxías e pretendemos conseguir que este lugar en Internet se converta pronto nun novo embaixador que pregoe as excelencias de Lalín polo mundo.
A partires de agora a actualización desta web tamén servirá para que todos aqueles veciños que no seu día tiveron que emigrar ó estranxeiro poidan vence-la súa morriña mediante un seguimento diario das novas que acontecen na súa terra nai. Precisamente, ese é un dos principais obxectivos deste portal: seguir facendo país mediante o reforzo dos vínculos de unión xurdidos arredor do nome de Lalín.
Xosé Crespo Iglesias
Alcalde-Presidente do Concello de Lalín