![]() |
| Acerca de... | |
|
A misión da Concellería de Xuventude é favorecer a inserción social e económica dos mozos dende a participación, para isto é recomendable presentar un Plan Anual de Actividades, estas actividades poden estar organizadas tanto pola propia Concellería como por asociacións ou colectivos. Se os mozos/as son os destinatarios de todo o traballo que desenvolve a Concellería, tamén os consideramos suxeitos activos, tanto na toma das decisións que lles afectan como na xestión dos proxectos e accións que se poñan en marcha. Deste modo, a Concellería de Xuventude debería contar coa participación dos mozos, individual e colectivamente, a través das súas Asociacións e do futuro Consello Municipal de Xuventude, no que se integrarán.. Sobre estes tres piares - participación, xestión cos mozos e coordinación, aséntase o traballo da Concellería de Xuventude, que se pretende poñer en marcha as seguintes propostas: * Obter máis participación dos mozos, mediante a súa incorporación ó Consello Municipal da Xuventude. * Favorecer o acceso ó emprego, mediante programas que favorezan a creación de postos de traballo, o autoemprego, a iniciativa empresarial e a formación entre a xuventude. * Facilitar o acceso á vivenda, poñendo ó seu servicio información e asesoramento de balde no tocante a axudas , etc. * Impulsar as relacións internacionais e intercambios entre mozos, poñendo especial énfase na participación de Programas da Unión Europea para a xuventude. * Axudar ós mozos a definir os seus itinerarios formativos, mediante a información e o asesoramento en materia de educación. * Promover unha ocupación do ocio e o tempo libre mediante prácticas saudables e que favorezan la convivencia. * Desenvolver accións dirixidas a evitar prácticas de risco entre a poboación xuvenil e que contribúan ó seu desenvolvemento integral e afirmación persoal, en definitiva, que melloren a súa saúde e calidade de vida. |
|
| A vista de paxaro |
| Cen anos en fotos |
| Feira do Cocido |
| Fotos |
| Panorámicas 360º |
| Plano urbano |
| Vídeos |
| Arquivo municipal |
| Datos estatísticos (IGE) |
| Empresas do municipio en Internet |
| Farmacia de garda |
| O tempo en Lalín |
| Servizo de autobuses |
| Teléfonos de empresas |