Actividades    
Roteiros para a xuventude
Inicio:

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza de "Os roteiros para a xuventude", unha actividade lúdica, medioambiental e de aventura na que participarán máis de 1.000 mozos e mozas de toda Galicia de entre 18 e 30 anos. En menos de quince días esgotáronse xa máis de 800 prazas, polo que aqueles que queirades participar tendes que darvos présa en anotarvos.

O programa é unha iniciativa ambiental que consiste no desenvolvemento de diversas saídas de fin de semana durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, que inclúen itinerarios de cultura mariñeira, rutas de senderismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Galicia.

Desta maneira, a finalidade da actividade é fomentar entre a mocidade o coidado polo medio ambiente e que os mozos coñezan os distintos contornos privilexiados que ten a Comunidade autónoma. Outros obxectivos son dinamizar as instalacións xuvenís da Xunta en períodos nos que non se utilizan, ofrecer aos mozos e mozas actividades de calidade e fomentar a ocupación positiva do tempo libre, a participación activa e o asociacionismo da mocidade galega.



O programa consta de catro actividades e localizacións específicas.

Os roteiros pola Costa da Morte terán lugar no centro de actividades de Caldebarcos (Carnota) e inclúen catro rutas diferentes: polos concellos de Laxe, Cabana e Ponteceso no mes de marzo; por Serra de Outes, Muros e Carnota en abril; por Cee, Corcubión e Fisterra en maio; e por Muxía e Camariñas en xuño.

A segunda das iniciativas denomínase o Roteiro R’Auga e trátase dun programa de achegamento ao medio acuático-mariño, que se desenvolverá no albergue xuvenil de As Sinas (Vilanova de Arousa) nos meses de abril, maio e xuño.

O programa multiaventura, a terceira das actividades, realizarase no albergue xuvenil de Pontemaril-Forcarei (Pontevedra) ao longo de diversos fins de semana dos meses de marzo, abril e maio. As diferentes iniciativas que se levarán a cabo permitirán o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combinará o lecer, o deporte mailo coñecemento do entorno cultural e ambiental.

A última das accións que inclúe "Os roteiros para a xuventude", o programa natureza e aventura, realizarase en Fornelos de Montes en marzo, abril e maio.

Cada un dos roteiros comezará o venres, entre as 19.00 e 20.00 horas, e rematará o domingo despois da comida.

Os interesados en participar na iniciativa da Xunta xa poden facer a reserva da súa praza nos números de teléfono 981 545 937/ 54 57 02 e 54 58 22, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Unha vez realizada a inscrición deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 euros. En caso contrario, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada. No momento de facer a chamada indicarase a información necesaria para facer o ingreso.

Os posuidores do Carné Xove ou do Carné Máis deberán abonar 57 euros. A taxa para os que non dispoñan destes documentos é de 75 euros. A cobertura das actividades non inclúe os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolve a actividade.






A vista de paxaro
Cen anos en fotos
Feira do Cocido
Fotos
Panorámicas 360º
Plano urbano
Vídeos


Arquivo municipal
Datos estatísticos (IGE)
Empresas do municipio en Internet
Farmacia de garda
O tempo en Lalín
Servizo de autobuses
Teléfonos de empresas
¡Axúdanos a facer un Lalín mellor!
Enviar mensaxe