Cachibote club     


O Cachibote Club xurdiu coa intención de dinamizar o tempo libre e dar a mesma oportunidade de ocio guiado ós nenos e nenas das parroquias do noso concello.


O Cachibote Club fomentaba o sentimento de pertenza e participación social dos nenos/as nun grupo. A pertenza a este clube simbolizouse cun carné, que lle permitía ós rapaces certos beneficios como sorteos mensuais, descontos dun 25% nas actividades da Omix, festas conxuntas, etc.

As primeiras “cachibotadas” foron dirixidas nenos e nenas de entre 5 e 12 anos das diferentes parroquias.


As actividades do Cachibote Club tiñan un marcado carácter pedagóxico, lúdico, cooperativo, dinámico, etc. clasificadas en tres grupos:

XOGOS DIVERSOS

  • xogos de presentación
  • xogos con paracaídas
  • xogos tradicionais
  • xogos con música
  • xogos de mesa

DÍAS TEMÁTICOS

  • día da reciclaxe
  • día da ciencia divertida
  • día da maxia
  • día da paz, día do libro, ...
  • o entroido

OBRADOIROS

  • coiro
  • abeloiros
  • barro
  • máscaras de escaiola
  • papiroflexia
  • globoflexia
  • títeres
  • bruxiñas
  • pelotas de malabares
  • mosaicos
  • carteiras con cómic

 


A vista de paxaro
Cen anos en fotos
Feira do Cocido
Fotos
Panorámicas 360º
Plano urbano
Vídeos


Arquivo municipal
Datos estatísticos (IGE)
Empresas do municipio en Internet
Farmacia de garda
O tempo en Lalín
Servizo de autobuses
Teléfonos de empresas
¡Axúdanos a facer un Lalín mellor!
Enviar mensaxe