![]() |
| Carné xove | |
|
O seu obxectivo é facilitar ós mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como en distintos países europeos nos que o carné xove euro<30 está implantado.
Ademáis, entre as prestacións do carné xove euro<30 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, a través dos cales a Consellería de Traballo e Benestar pretende fomenta-lo desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozos e mozas galegos. Dirixido a tódolos mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive. Para obtelo é preciso cubrir un impreso, presentar o DNI e pagar 6 €. Pódese obter nos Servicios de Xuventude das Delegacións da Consellería de Traballo e Benestar, nas Casas de Xuventude, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela, nas oficinas municipales de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil, e demáis puntos expendedores. Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na páxina web www.xuventude.net , así como nos establecementos que exhiban o logotipo do carné xove euro<30. Este carné ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. |
|
| A vista de paxaro |
| Cen anos en fotos |
| Feira do Cocido |
| Fotos |
| Panorámicas 360º |
| Plano urbano |
| Vídeos |
| Arquivo municipal |
| Datos estatísticos (IGE) |
| Empresas do municipio en Internet |
| Farmacia de garda |
| O tempo en Lalín |
| Servizo de autobuses |
| Teléfonos de empresas |